xoves, 24 de setembro de 2015

A MIÑA MÚSICA PREFERIDA.

O POP.

O pop é o meu xénero musical preferido, un xénero que conserva a estructura formal "verso - estribillo - verso", executada de un modo sinxelo, melódico, pegadizo, e normalmente asimilable para o gran público.

O seu nome procede de música popular, e é o xénero musical máis estendido entre a cultura xuvenil de principios do século XXI. Deixando atrás ao xénero rock, aínda que este teña moitos seguidores e servise de influencia a moitos intérpretes ou grupos de música pop. 

Tamén podemos dicir que dentro do amplísimo xénero do rock existen intérpretes e bandas que en certo momento adoitan ser considerados música pop.

Dentro da música pop, a miña cantante favorita é Sia, xa que ela mesma compón as súas cancións e sempre sorprende aos seus fans con novos éxitos como "Chandelier" ou "Elastic heart".

Aínda que o rei deste xénero, "o rei do pop" foi e segue sendo Michael Jackson, un artista mundialmente coñecido e autor de grandes éxitos como "Blue jeans" ou "Thriller".